O borrador de reforma da Lei Orgánica de Universidades (LOU) , presentado polo Ministerio de Educación aparenta recoñecer unha meirande autonomía ás Universidades e Comunidades Autónomas nos eidos de adopción do seu modelo de elección do alumnado, profesorado e órganos de goberno –Reitor incluído- .
O dereito de autonomía deriva da propia natureza da institución universitaria. A CE recoñéceo como un dereito fundamental que se debe exercer con sometemento ó ordenamento xurídico e á procura efectiva dos fins e obxectivos da Universidade, institución que ten atribuída a competencia do ensino superior. Pero, nestes últimos vintesete anos, este dereito só tivo na xurisprudencia practicamente a única vía de desenvolvemento, aínda que ocasional. Entre outras cousas:
• Non se promulgou unha Lei de Financiamento do Ensino Superior, da que xa houbo un borrador moi acabado no ano 1994. E sen financiamento suficiente non hai autonomía universitaria, pois a Universidade só percibe unhas taxas inevitablemente baixas e non ten capacidade de fixar e recadar impostos como as Administracións Locais, polo que queda sometida a unha parca subvención de parte das CC. AA que no seu día recibiron a transferencia á baixa en relación co custo da competencia en materia universitaria.
• A LRU desenvolveu o dereito de autonomía universitaria, pero rebaixouno coa configuración que fixo do Consello Social como órgano externo de goberno universitario e outorgoulle incluso competencias ás CC.AA para estrutura-la súa composición, dándose o caso de que algún Director Xeral de Universidades se autonomeou como membro do mesmo. Por outra banda, a LRU deseñou unha universidade para os ensinantes e non para os estudantes. Ensinantes, por certo mal retribuídos e moitos precarizados, pese a que isto último fose o resultado dun cativo financiamento e non un obxectivo directamente pretendido.
• O exercicio do dereito de autonomía precisa dunha alta participación democrática de parte da comunidade universitaria nos órganos colexiados de goberno e de contención da facultade discrecional de parte dos órganos unipersoais de goberno. Neste senso a LOU acabou coa capacidade real da comunidade universitaria para intervir de maneira efectiva nas decisión de goberno e por isto a CRUE terminou outorgándolle o seu Vt º e Prace. A LOU reforzou tamén as competencias do Consello Social e converteu a ensinantes e estudantes practicamente en súbditos, amais de introducir unha ampla contratación laboral en precario para o PDI e unha dobre proba para o acceso á Universidade.
• O dereito de autonomía universitaria é compatible cunha Lei de Bases da Administración Pública Universitaria, de igual xeito que acontece coas Administracións Públicas Locais. A carencia dunha lei deste tipo conlevou a xeneralización da arbitrariedade e da opacidade, aducidas moitas veces como expresión do dereito de autonomía. Os xuíces foron severos nos casos que lles chegaron ós xulgados. Pero, ningún Servizo de Asesoría Xurídica das Universidades ten publicado as sentencias xudiciais e tampouco se interesaron por este asunto os valedores da comunidade universitaria.
Neste senso a corrupción interna atópase moi espallada e non só en materia de persoal na que é abafante. Os casos abondan. Entre outros están:
• As cátedras ad personan con invocación do dereito de autonomía para recorre-las sentencias xudiciais firmes perante o TC.
• A posta en marcha de sociedades mercantís constituídas con fondos públicos e sometidas ó dereito privado, que non renden contas ante os Consellos de Contas. Isto é bastante xeral en tódalas Universidades.
• De igual xeito está legalizado e xeneralizado que un estudante de Terceiro Ciclo non pode facer efectivo o seu dereito a concursar a unha Beca FPU se o Dpto, responsable do Programa de Doutoramento, non lle asina determinados papeis, cousa que moitas veces acontece cando conta cun expediente académico de excelencia e, por isto, son outros compañeiros que contan con outros méritos os que non atopan ningún problema para acada-la debida sinatura. Isto pasa nas Universidades máis democráticas.
No devandito orde cousas, cabe unha primeira conclusión de que sen artellar dende a súa base o dereito de autonomía universitaria, mal se pode falar de máis autonomía universitaria. No caso que nos ocupa tamén poderá haber 17 modelos de Universidade diferentes e os estudantes tampouco poderán acudir ás mellores se o número de Becas de PFU (2005/06) segue sendo o mesmo que o da convocatoria precedente e se para cursar estudos de grado as Becas de Mobilidade seguen sendo poucas de pequena contía, amais de ter que pasar posiblemente dun modelo a outro.
José Barreiro Somoza
Sº XER AL SECCIÓN SINDICAL DE
FETE-UGT UNIVERSIDADE DE VIGO